Wednesday 08 de May de 2024

O Concello de Frades organiza unha charla sobre a vespa velutina e un obradoiro para aprender a facer trampas e atraentes caseiros


O Concello de Frades organiza unha charla gratuíta sobre a vespa velutina, que incluirá un obradoiro de realización de trampas e atraentes caseiros. Unha xornada que terá lugar este venres 6 de abril, de 21:00 a 23:00 horas, no multiúsos do Concello de Frades. A asistencia é de balde, se ben é preciso anotarse no Concello ou chamando ao 981 695 567.

A charla está dirixida a todos os veciños e veciñas de Frades que queiran coñecer algo máis sobre a vespa asiática, unha especie foránea devoradora de insectos polinizadores como as abellas e que causa prexuízos económicos nos sectores apícola e frutícola. Ademais, a charla terá lugar nun tempo no que se está producindo a creación dos niños primarios por parte das novas raíñas, polo que é importante localizalas a tempo para proceder á súa retirada.